Feijoo Barreiro, Pedro

Ninguén contará a verdade / Pedro Feijoo - 1º - Vigo : Xerais , 2023 - 629 p. ; 23 cm - Narrativa ; 517 .

Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias. XL Premio Xerais de Novela 2023.

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación... Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.

1º-2º BAC

9788411104326


Drama
Corrupción
Sociedade

821.

Coa tecnoloxía Koha