Ramos, Alberto

Os corpos dos Romanov / Alberto Ramos - 1ª ed., 1ª impr. 2022 - Vigo : Galaxia , 2022 - 164 p. : Rústica con lapelas ; 21 cm - Literaria ; 467 .

Premio de narrativa breve Repsol 2022



Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara.

A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias.

Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.


1º-2º BAC

9788491519539


Misterio--Galicia--Século XXI--Novela
Intriga--Galicia--Século XXI--Novela

82 869.9

Coa tecnoloxía Koha