Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Os corpos dos Romanov / Alberto Ramos

por Ramos, Alberto [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Literaria ; 467.Editor: Vigo : Galaxia , 2022 Edición: 1ª ed., 1ª impr. 2022.Descrición: 164 p. : Rústica con lapelas ; 21 cm.ISBN: 9788491519539.Títulos uniformes: Os corpos dos Romanov.Materia(s): Misterio -- Novela -- Século XXI -- Galicia | Intriga -- Novela -- Século XXI -- GaliciaResumo: Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara. A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias. Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Johan Carballeira
Sala préstamo
82N-G RAM cor Dispoñible PED048000011454

Premio de narrativa breve Repsol 2022



Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara.

A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias.

Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha